domingo, 25 de febrero de 2018

Rosalía de Castro

       Boas a todos Bookworms,

      Como xa sabedes, onte celebramos o día de Rosalía de Castro. Para nós, os galegos, é unha das imaxes máis representativas da nosa cultura galega e marca de identidade arredor do mundo. Deixovos un vídeo, moitos de vós o coñecedes, e espero que sexa do voso agrado. Fíxoo un centro educativo da nosa comunidade. Alguén atreveriase a facer algo parecido?

      Convídovos a compartir a vosa poesía favorita de Rosalía. Tendes o link onde podedes ler máis poemas da nosa escritora.
http://www.poesi.as/Rosalia_de_Castro.htm

2 comentarios:

  1. 5°C . N° 9
    Me gusta todo de Rosalia de Castro pero mi favorito es este.

    Adiós, ríos;adiós,fontes
    adiós,regatos pequenos;
    adiós, vista dos meus ollos;
    non sei cndo nos veremos.

    Miña terra,miña terra,
    Terra donde me eu criei,
    hortiña que quero tanto,
    figueiriñas que eu prantei,

    prados,ríos,arboredas,
    pinares que move o vento,
    paxariños piadores,
    casiña do meu contento,

    muíño dos castañares,
    noites crarasde luar,
    campaniñas trimbadoras
    da igrexiña do lugar,

    amoriñas das silveiras
    que eu lle daba ó meu amor,
    caminiños antre o millo,
    ¡adiós,para sempre adiós!

    ¡Adiós, groria! ¡Adiós,contento!
    ¡Deixo a casa onde nacín,
    deixo a aldea que conoso
    por un mundo que non vin!

    Deixo amigos por extraños,
    deixo a veiga polo mar,
    deixo,en fin,canto ben quero....
    ¡Que pudera non deixar...!

    Mais son pobre e,¡mal pecado!,
    a miña terra n'é miña,
    que astra lle dan de prestado
    a beira por que camiña
    ó que naceu desdichado.

    Téñovos, pois, que deixar,
    hortiña que tanto amei,
    fogueiriña do meu lar,
    arboriños que prantei,
    fontiña do cabañar.

    Adiós, adiós, que me vou,
    herbiñas do campo santo,
    donde meu pai se enterrou,
    herbiñas que biquei tanto,
    terriña que nos criou.

    Adiós, Virxe da Asunción,
    branca como un serafín:
    lévovos no corasón;
    pedidelle a Dios por min,
    miña Virxe da Asunción.

    Xa se oien lonxe, moi lonxe,
    as campanas do Pomar;
    para min, ¡ai!, coitadiño,
    nunca máis han de tocar.

    Xa se oien lonxe, máis lonxe...
    Cada balada é un dolor;
    voume soio, sin arrimo...
    Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

    ¡Adiós tamén, queridiña...!
    ¡Adiós, por sempre quizais...!
    Dígoche este adiós chorando
    desde a beiriña do mar.

    Non me olvides, queridiña,
    si morro de soidás...
    Tantas légoas mar adentro...
    ¡Miña casiña!, ¡meu lar!

    ResponderEliminar

Hi there!

 Hello again! Long time ago without news! Do you prefer google site or blog? Let me know!  Bye!